Skip to main content

O lucense José Portas, gañador do Certame de Carteis da XXXI Semana de Cine

Reunido na sede do GRUPO FOTOCINEMATOGRÁFICO FONMIÑÁ (Concepción Arenal - Lugo), o Xurado do Certame convocado por esta Agrupación para elixir o cartel anunciador da XXXI SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR DE LUGO.

O xurado estIvo formado por :

JOSÉ PIÑEIRO (Concelleiro. En representación do Concello de Lugo)
AURELIA BALSEIRO (Directora do Museo Provincial. En representación da Deputación Provincial-Vicepresidencia)
ALFREDO SEIXAS (Pintor. En representación da Xunta de Galicia)
PALOMA LUGILDE (En representación do Vicerrectorado-Campus de Lugo). e os membros de Fonmiñá
CARLOS RODRÍGUEZ (vocal de video)
MANUEL CURIEL (Director da Semana de Cine) e
XULIO XIZ (Presidente).

Foi elixido cartel anunciador da XXXI SEMANA DE CINE DE LUGO o deseño presentado por JOSÉ PORTAS GARCÍA, de Lugo, que será utilizado como elemento identificador desta XXXI edición a celebrar o mes de setembro.
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá