Skip to main content

Proxéctase en Tui o documental Mulleres da raia

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Dentro da aposta que neste verán fai a Concellería de Cultura de Tui polos novos realizadores tudenses o venres 7 de xullo proxéctase o documental “Mulleres da raia”. Esta peza audiovisual é obra da tudense Diana Gonçalves. A cita será ás 22.30h na Praza de San Fernando, en caso de choiva trasladarase cara ao Teatro Municipal.

Esta nova realizadora proponnos, ao longo de 42 minutos, unha viaxe á fronteiras do Norte de Portugal e Galicia. Na mesma achéganos ao noso pasado máis recente fixando o obxectivo no contrabando local e emigración clandestina, prácticas habituais nestas terras próximas á fronteira. A raia garda unha historia de loita diaria pola supervivencia da que as súas mulleres son testemuñas.

O documental “Mulleres da raia” estreouse oficialmente o pasado mes de marzo en Play-Doc, realizando dende entón un importante percorrido por outros festivais coma os Caminhos do Cinema Portugués, onde recibiu o “Premio da Prensa ao Mellor Film”; o Cinesul Festival Iberoamericano de Río de Janeiro, o Filmnho onde acadou o “Grande Premio Filminho”

Máis información en http://mulleresdaraia.blogspot.com/
Gabinete de Comunicación do Concello de Tui