Skip to main content

Entregados os premios Curtas na Rede 2009, con récord de participación

O certame Curtas na Rede, puxo o broche final á súa IV edición, cun gran éxito de participación, xa que foron case 250 pezas as presentadas, tres veces máis que en edicións anteriores. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presidiu esta tarde a gala de entrega de premios desta cuarta edición á que se presentaron obras de autores galegos e, tamén, proxectos audiovisuais procedentes de países como Portugal, Arxentina, México, Chile ou Australia.

O concurso repartiu este ano máis de 30.000 euros, sen deixar de lado os seus obxectivos orixinais. En primeiro termo, a exploración e o coñecemento da creatividade audiovisual presente na poboación, servindo de escaparate para a creación fora da industria e promovendo a súa actividade. O certame persegue o consolidación de internet como un espazo útil para a exposición visual dos traballos, ao tempo que logra crear un punto de encontro e interatividade.

Así, todas aquelas persoas, de quince anos en adiante, interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia, teñen en Curtas na Rede un dos mellores espazos posibles para desenrolar a súa creatividade.

As curtas, máis que nunca, estrelas do certame

O certame divídese en tres seccións, e a modalidade estrela é a de curtametraxes, na que participaron 167 proxectos, o dobre que na edición anterior. As curtas debían ser inéditas e non podían exceder dos cinco minutos de duración, cinguíndose este ano a catro xéneros: ficción, experimental, documental e animación. As outras dúas seccións son as micromovies e as cápsulas.

O secretario Xeral de Política Lingüística foi o encargado de entregar o premio á mellor curtametraxe en galego a Xabier Marqués Solla por Freud&Company. O premio á mellor curtametraxe en castelán recaeu en Pedro Moreno por Señales.

Os premiados

O primeiro premio das curtas de ficción, xénero onde se concentraron a maioría das curtas, case 90, foi para Andrés Goteira por O Paquete. No xénero documental, o primeiro premio foi para Marcos Nine por Aarón. En experimental, os gañadores foron Juan Lesta e Belén Moreno por ANIM 01. Finalmente, na categoría de animación, a gañadora foi a galega María Becerra coa curta Lelo e as estacións.

Completan o concurso dúas categorías máis, a de micromovies e a de cápsulas. Dentro das cápsulas -pezas curtas cunha duración non superior aos tres minutos-, a premiada foi Jeriatric Park de Rafael Navarro; e a micromovie (traballos realizados coa cámara do teléfono móbil que non poden exceder os 30 segundos de duración), GPS de Marcos Fernández Vázquez.

Iria Pinheiro (Freud & Co) e Xabier Pan (Raccord do carallo), recibiron o premio á mellor interpretación feminina e masculina, respectivamente. O premio para a mellor bitácora, outra das modalidades do concurso, foi para Toño Bouza por Disparo de Nieve, mentres que o de mellor guión recaeu en Flavio Pires por Naufragio; o galardón á mellor montaxe foi para a curta Agua do Galder Arriaga e mellor dirección para Toño Chouza por Ausencia de Cambio.

Finalmente, os premios outogardos polo público a través das votacións na páxina web do certame (www.curtasnarede.es) foron para a curta Amor rabiscos e outras coisas e a cápsula Beach Baby, ambas do portugués Hugo Ricardo Sousa Ferreira; e, na categoría de micromovie, Game Over, de Adán Pichardo.

Colaboradores

A esta cuarta edición do certame, asistiron, entre outros, a presidenta en funcións do Consello da Xuventude de Galicia, María Dolores Rodríguez Amoroso, o director de AGADIC, D. Juan Carlos Fernández Fasero, a subdirectora de Promoción de Actividades da Dirección Xeral de Xuventude, Yolanda Otero e o director do Centro Galego de Artes da Imaxe, Guillermo Escrigas. Así mesmo, tamén asistiron numerosos concelleiros e delegados provincias da Coruña, así como representantes das entidades colaboradoras.

Para levar a cabo a edición deste ano contouse coa colaboración de numerosas entidades. Así, participan en Curtas na Rede 2008, a Secretaría Xeral de Emigración, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), a Compañía de Radiotelevisión de Galicia (programa Onda Curta), a Compañía R Cable e Telecomunicacións Galicia S.A, a Fundación Caixa Galicia, o Consejo de la Juventud de España (CJE), a Fundaçao da Juventude e a participación do Eixo Atlántico.

Calquera das 250 pezas inscritas presentadas pódese visualizar na páxina web: (www.curtasnarede.es).
Para concertar entrevistas cos premiados, poden facelo a través do teléfono 627719048 (María García)

LISTAXE DE PREMIOS CURTAS NA REDE 09

* CURTAMETRAXES - CATEGORÍA FICCIÓN
1º Premio da secretaría xeral de Emigración (1500€): O Paquete de Andrés Goteira de Meira (Lugo).
2º Premio da secretaría xeral de Emigración (1000€): Turno de Noche de Víctor Palacios, de Valencia.
3º Premio da secretaría xeral de Emigración (500€): La trampa del ratón de Juan Pedro Pérez, da Estrada (Pontevedra).

* CURTAMETRAXES - CATEGORÍA EXPERIMENTAL
1º Premio da Secretaría Xeral de Medios (1500€): ANIM 01 de Juan Lesta e Belén Moreno da Coruña.
2º Premio da Secretaría Xeral de Medios (1000€): En garde! de Emiliano Cano de Madrid.
3º Premio da Secretaría Xeral de Medios (500€): Meticulosidade de Martín Vázquez Baño da Coruña

* CURTAMETRAXES - CATEGORÍA DOCUMENTAL
1º Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1500€): Aarón de Marcos Nine da Illa de Arousa
2º Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1000€): Elephant de Octavio Sendoya de Guipúzcoa.
3º Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (500€): Grissinopoli, la nueva esperanza de María Pilar Reyna Muniain de Arxentina.

* CURTAMETRAXES - CATEGORÍA ANIMACIÓN
1º Premio do Consello da Xuventude de Galicia (1500€): Lelo e as estacións de María Becerra da Coruña
2º Premio do Consello da Xuventude de Galicia (1000€): Manos jugando en el espacio de Julian Alkorta de Guipúzcoa.
3º Premio do Consello da Xuventude de Galicia (500€): Lina Plastilina de Mercedes Pimiento de Sevilla.

* MICROMOVIES
Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1500€)
GPS de Marcos Fernández Vázquez, de Ourense.

* CÁPSULAS
Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1500€)
Jeriatric Park de Rafael Navarro de Valencia.

* MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA
Premio Gadisa (1500 €)
CANDIDATOS:
- Iria Pinheiro por Freud & Co (GAÑADORA)
- Mariona Tena por Ausencia de Cambio
- Ángela Palacios por La Orilla

* MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA
Premio Eixo Atlántico (1500 €)
CANDIDATOS:
- Xabier Pan por Raccord do Carallo (GAÑADOR)
- Celso Callón por O Bacalhau
- Manuel Pérez por La Trampa del Ratón

* MELLOR GUIÓN
Premio Agadic (1500 €)
CANDIDATOS:
- Naufragio de Flavio Pires (GAÑADOR), de Portugal.
- Freud & Co de Xabier Marqués
- Señales de Pedro Moreno

* MELLOR MONTAXE
Premio Agadic (1500 €)
CANDIDATOS:
- Agua de Galder Arriaga (GAÑADOR), de Madrid.
- Green de Daniel Vázquez
- O Paquete de Andrés Goteira

* MELLOR DIRECCIÓN
Premio Agadic (1500 €)
CANDIDATOS:
- Toño Chouza por Ausencia de Cambio (GAÑADOR), de Boiro.
- Andrés Goteira por O Paquete
- Alejandro Herdocia por Los Instantes Perdidos

* MELLOR CURTA EN CASTELÁN
Premio Consejo de la Juventud de España (1500 €)
- Señales de Pedro Moreno, de Madrid.

* MELLOR CURTA EN GALEGO
Premio Secretaría Xeral de Política Lingüística (1500 €)
- Freud & Co de Xabier Marqués, de Vilagarcía

*MELLOR BITÁCORA
Premio da Secretaría Xeral de Medios
- Disparo de Nieve de Toño Chouza, de Boiro

* PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR CURTAMETRAXE
Premio da Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Amor rabiscos e outras coisas, de Hugo Ricardo Sousa Ferreira de Portugal

* PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR CÁPSULA
Premio de AGADIC
- Beach Baby, de Hugo Ricardo Sousa Ferreira de Portugal

* PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR MICROMOVIE
Premio da Compañía R
- Game Over, de Adán Pichardo de Huelva
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia