Skip to main content

Alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo buscar actores para productos audiovisuais

Os alumnos da Escola de Imaxe e Son, da Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación de Lugo, comezan o martes 3 de novembro coa selección de actores e actrices para os proxectos finais que levarán a cabo ó longo do curso académico 2009-2010.

A calidade final dos proxectos será clave non só para que os estudantes acaden a titulación en Imaxe e Son, senón para ter cabida nos festivais galegos con maior repercusión no sector. Estos certames son o mellor escaparate para dar a coñecer a novos directores e actores ante os productores máis poderosos do mundo audiovisual galego.

Ademais, os productos audiovisuais serán distribuídos e difundidos a través da Internet. A pretensión é acadar unha forte presenza nas plataformas de vídeo con maior éxito na rede.

O día 3 de novembro, comezará a primeira selección de actores, entre as 16:30 e as 20:00 horas. Neste caso, precísanse homes de idades comprendidas entre os 24 e os 30 anos e mulleres de 25 a 35 anos.

A segunda fase levarase a cabo o mércores, día 4 de novembro, na mesma franxa horaria. Para formar parte do reparto elexiranse homes e mulleres a partir dos 18 anos de idade.

As probas de selección terán lugar na Escola de Imaxe e Son de Lugo, sita na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n (a carón do Hospital Provincial de San José).
Gabinete de Comunicación da Fundación TIC