A curta galega X nada, nomidada aos Premios Goya
A curtametraxe galega codirixida por Toni Veiga e Dani de la Torre e producida por Ficción Producións, X nada, pasou a primeira fase de preselección dos Premios da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, formando parte das dez curtametraxes de entre os que sairán os catro nomeados na categoría de mellor curto de ficción.A curta, que opta agora ao seu galardón máis importante, xa conta no seu haber con cinco premios e unha trintena de seleccións en importantes festivais nacionais e internacionais (Portobello, Bogotá, Curtocircuito, Cans, Boca del Lobo, Cortogenia, Baumann…).
X nada, unha alegación en contra do acoso e a violencia entre a xuventude, narra de forma trepidante unha realidade ficcionada a través dunha estética e un enfoque propios do documental, con cámara ao ombreiro, plano imperfecto e idea de neutralidade, que o converten nunha “fiestra indiscreta”, a través da que se mostra ao espectador unha das fatalidades da nosa sociedade actual.
O equipo e a produtora, independentemente do resultado final da preselección, non teñen máis que agradecer a resposta por parte de público e crítica que está tendo a curtametraxe, considerando un gran logro para todos chegar ata esta fase.
Martín Cañedo (Ficción Producciones S.L.)






