Skip to main content

O CNT asóciase co Linux Professional Institute

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de converterse no primeiro centro público de Galicia en asociarse co Linux Professional Institute (LPI). Ademais, isto supón tamén que o CNTG é o segundo centro público asociado AAP (Asociated academic partner) do LPI en España.

Deste xeito, o CNTG, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, funcionará como un centro formativo asociado ao LPI, unha organización sen ánimo de lucro dedicada a certificación de profesionais de Linux.

De feito, este Instituto oferta unha variada gama de certificacións para os profesionais do sector, todas elas cun recoñecido prestixio e con validez a nivel mundial. Ademais, este programas de certificación están en continua revisión e definición de contidos, sempre en contacto coa industria do sector, para poder determinar –e formar- aos perfís idóneos do profesional de Linux.

Para poder ser un centro LPI AAP, como o Centro de Novas Tecnoloxías, é preciso ser un centro de ensino público e sen ánimo de lucro. Cómpre destacar, tamén, que ser un centro asociado supón que os docentes que impartan os cursos deben estar certificados no LPI, o que supón unha garantía no que respecta aos coñecementos dos instrutores.

Os exames de certificación efectuaranse no CNTG, dirixidos aos estudantes que realizasen a formación neste mesmo centro. Os exames contarán coa presenza dun representante do LPI e se efectuarán, segundo os requerimentos establecidos por este Instituto, en soporte de papel e non en ordenador.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia