Skip to main content

A Mesa fai un chamamento a participar nos actos que se celebran na honra de Manuel María

A Mesa pola Normalización Lingüística fai un chamado a todos os galegos e galegas para que participen nos actos que se van a desenvolver na honra de Manuel María.
O mundo da cultura únese na realización dos actos que se desenvolverán no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego e que teñen a seguinte programación:

Día 9
Das 17,00 ás 19,00 horas leitura por parte de escolares.
Das 19,00 ás 21,00 horas actores e actrices farán unha representación.

Día 10
De 10,00 a 12,00 horas actuación de músicos.
De 12,00 a 14,00 horas participación de escritores e escritoras.

Desde A Mesa pola Normalización Lingüística queremos salientar o compromiso de Manuel María con Galiza e co noso idioma, ao que enriqueceu coa súa recoñecida obra, e tamén coa súa defensa pública.

Manuel María formou parte activa da nosa organización, comprometéndose sempre en favor dos dereitos lingüísticos do pobo galego.
A Mesa pola Normalización Lingüística