Ilisa Barbash, premio á mellor longametraxe en Play-Doc
A sexta edición do Festival Internacional de Documentais Play-Doc acabou hoxe con números sorprendentes. Máis de 7.000 espectadores pasaron polo Teatro Municipal de Tui, o que confirma a consolidación do certame.
A acto de clausura foi introducido pola banda de jazz 2us, que presentou a Sara García e Ángel Sánchez, directores do festival, para que leran a decisión do xurado. García quixo lembrar que “todos os filmes son gañadores” para a organización.
O primeiro premio, o de Documental Galego, recaeu en Tanyaradzwa, de Alberte Pagán, que xa gañara hai dous anos con BS.AS. “É a segunda vez que me premian, pero a primeira que estou aquí”, dixo ao recoller o galardón das mans de Moisés Rodríguez, concelleiro de Cultura de Tui, explicando que a súa ausencia se debeu precisamente a que as datas coincidiran coa rodaxe do filme seleccionado nesta edición.
Engadiu despois que valora “que se premien filmes alternativos e independentes” e que “estamos contentos (el e a protagonista), sobre todo pola cuestión económica”.
Despois tocoulle a Carmen Pardo, Secretaria Xeral de Turismo, darlle o premio de Mellor Curtametraxe a Jay Rosenblatt, por The Darkness of Day. O norteamericano dixo que “todos os filmes da sección son moi bos” e agradeceu ao xurado “unha decisión difícil”.
Dixo tamén que “estes galardóns proban que as curtas teñen un lugar no mundo”, e espera “que isto siga sendo así”.
Finalmente, Ilisa Barbash recolleu o premio de Mellor Longametraxe por Sweetgrass de mans do alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha. A película co-dirixida xunto co seu marido, Lucien Castaing-Taylor, obtivo o galardón ex aequo con Sanya e Pardal, de Andrey Gryazev.
Barbash dixo sentir “boas vibracións” dende que puxo o pé en Tui, pois Play-Doc “é un festival tan profesional como íntimo, no que hai a rara oportunidade de convivir cos outros realizadores”, comentou.
Por estas razóns, explicou que recibir o premio non estaba a ser tan bo como esperaba, debido aos lazos de comunidade que estableceu estes días cos outros directores.
Máis información na páxina web do festival www.play-doc.com

Festival Play-Doc