Skip to main content

Presentadas as primeiras miniseries para internet realizadas por alumnos da Fundacion TIC

O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou a proxección de dúas miniseries para internet desenvolvidas durante este curso polos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do eidio audiovisual. O acto, que tivo lugar no Pazo de San Marcos, contou coa participación dos equipos de rodaxe, alumnos e docentes da EIS.

Gómez Besteiro destacou que “esta é a primeira vez que os nosos alumnos elaboran miniseries on line, un formato que calou en profundidade nos últimos anos entre o público. Por tanto, estamos formando a futuros profesionais que entenden a potencialidade do audiovisual e das novas tecnoloxías”. Neste senso, o Presidente provincial lembrou que “o principal obxectivo da Fundación é a inserción laboral dos nosos alumnos, e os traballos audiovisuais para internet supoñen un dos nichos de emprego con máis proxección”.

Proxecto integrado

As dúas miniseries, “Fugadedescerebrados” e “Cero veinte”, son o resultado do traballo conxunto de alumnos e profesores do módulo de proxecto integrado do 2º curso dos ciclos superiores de Realización e de Produción. Ambalas dúas foron rodadas integramente nas instalacións da Escola.

“Fugadedescerebrados”, no que que participaron 13 técnicos e 5 actores, conta a historia dun home que é ingresado nun hospital pisquiátrico e as relacións que establece co resto dos seus compañeiros, especialmente, con dous deles. Os trastornos, a paixón e a angustia mistúransen na vida dos tres persoaxes.

En canto a “Cero veinte”, amosa as relacións persoais e profesionais dos traballadores dunha emisora de radio. Céntrase especialmente nun programa de noite. Neste caso, a ficha técnica está formada por 15 alumnos e a artística por 5.

Colaboracións Fundación

Dende a Fundación tamén se apoia os primeiros pasos dos alumnos no mercado laboral coa colaboración, a través da súa participación, na rodaxe de películas como a curta “Triste soledad de un violinista”, que se realizou hai unhas semanas en Sarria ou do documental “Garbo, Hitler...e Araceli”. A Fundación tambén gravou integramente, coa participación de bolseiros da EIS, o vídeo musical “Torres de Compostela” da cantante do Incio Lucía Pérez que terá unha proxección internacional.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo