Skip to main content

Oliver Laxe gaña en Cannes o Premio Fipresci da Quincena de Realizadores

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou ao cineasta galego Oliver Laxe, director da longametraxe Todos vós sodes capitáns, galardoada co premio de FIPRESCI, a Federación Internacional da Crítica de Cine, dentro da sección da Quincena de realizadores do festival de Cannes.

Feijóo felicitou a Oliver Laxe polo seu traballo e agradeceulle que contribúa a situar o nome de Galicia no ámbito audiovisual. Neste sentido, o titular da Xunta lembrou tamén o éxito doutras producións como Celda 211.

A película de Oliver Laxe contou co apoio da Xunta de Galicia, por unha parte, na súa produción a través da Axencia Galega de Industriais Culturais, e por outra, na súa presenza en Cannes, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia