Skip to main content

A Delegada de Filmax en Galicia, Madriña da 6ª promoción de titulados da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou o curso académico 2009-2010 da 6º promoción da Escola de Imaxe e Son dependente da Fundación TIC. Os 44 novos titulados dos ciclos superiores de Produción de audiovisuais, radio e espectáculos, e Realización de audiovisuais e espectáculos, tiveron como Madriña de excepción a Inmaculada Castaño, Delegada de Filmax en Galicia, compañía audiovisual que ocupa un posto referencial a nivel internacional.

Filmax celebra este ano o décimo aniversario da súa factoría de animación na Comunidade. Dende que se creara o selo de animación en 1999, produciu 8 películas e unha serie de animación, situándose como punto de referencia no cine de animación. Das longametraxes producidas, cinco recibiron o Goya á Mellor Película de Animación como ‘Goomer’, de José Luis Feito e Carlos Varela; ‘El Cid, la leyenda’, de José Pozo; ‘P3K Pinocho 3000’, de Daniel Robichaud; ‘Pérez, el ratoncito de tus sueños’, de Juan Pablo Buscarini; e ‘Nocturna’, de Adrià García y Víctor Maldonado, e todos acadaron importantes ventas a nivel internacional. Ademáis, dende 2006, Filmax comenzou coa produción de proxectos para televisión e documentais como ‘Hai que mollarse’, ‘Reliquias’ ou ‘Historia dunha parroquia’, entre outros.

Actualmente, a compañía está a traballar na súa novena película de animación, ‘Copito de Nieve’, de Andrés G. Schaer. O filme, que será a primeira longametraxe sobre o único gorila branco do mundo, conta cun presuposto de 6,5 millóns de euros.

No transcurso do acto, tivo lugar a proxección dun DVD que recolle a historia dos proxectos desenvoltos por Filmax Galicia nestes últimos dez anos para os que contaron coa participación de Alberto Neira, director de animación da factoría Filmax en Santiago.

Reserva de praza

Os novos alumnos poderán solicitar praza para o vindeiro curso na única escola da provincia que imparte ensinanzas pertencentes á familia da comunicación ata o 9 de xullo. Para elo, todos os interesados poderán presentar a súa preinscrición na sede da EIS, situada na rúa Frei Rei Lemos s/n en Lugo, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tanto o impreso como a documentación correspondente, poderase descargar a través do portal web www.fundaciontic.org.

O vindeiro 12 de xullo, a Fundación TIC publicará na súa páxina web, así como no taboleiro da Escola de Imaxe e Son, a listaxe de admitidos. Logo, dende o 15 ó 23 de xullo, quedará aberto o prazo de matriculación.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo