O Museo Provincial acolle a mostra sobre o actor Enrique Muíño no marco da 32ª Semana de Cine

Na súa intervención, o vicepresidente da Deputación salientou o traballo do grupo Fonmiñá “xa que sen eles non sería posible a celebración desta Semana de Cine, sen a que á súa vez non poderíamos gozar da satisfacción que supón manter vivo o recordo de Enrique Muíño”. Manifestou o seu agradecemento á organización, e subliñou a importancia que ten para os galegos e galegas “que se saquen á luz personaxes históricos galegos que, de non ser por isto, quedarían no esquecemento colectivo”. Declarou así que “a Semana do Cine vai mas alá do cine, xa que ten moita importancia no que se refire á historia, e á recuperación da mesma a través da sétima arte”.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo