Entréganse os XVII Premios de Publicidade en Galego na Deputación de Lugo
Antón Bao asistiu aos XVII premios de Publicidade en Galego, do Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G, evento que se celebrou no salón de actos da Deputación de Lugo. Tamén asistiron ao acto o presidente do Consello Asesor, Xosé Miguel Alonso Boó, así como Alfonso Cabaleiro Durán, secretario xeral de Medios da Xunta, Anxo Lourenzo, secretario xeral de Política Lingüística, e Rosana Rielo, concelleira de Xuventude de Lugo, entre outras autoridades. O certame ten como principal obxectivo fomentar a creatividade e a utilización do galego en todos os ámbitos da comunicación.
Nesta edición, e grazas á colaboración da Vicepresidencia 1ª da Deputación, estableceuse un premio especial denominado “Muralla de Lugo”, co gallo do X Aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade. O obxectivo deste galardón é promocionar o monumento lucense, en galego. Os premios están dirixidos a empresas anunciantes e a publicistas, e consisten nunha obra artística aos mellores anuncios en radio, TV e Internet: pezas artesanais coa Muralla como motivo, realizadas en madeira, lousa e prata polo artista André de Navia. Son 125 spots, cuñas ou banners cuxa emisión se realizou entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2009, agás no caso dos orixinais que competiron no premio especial da Muralla de Lugo, no que o prazo abrangue o que vai de 2010. Dos traballos, valorouse a orixinalidade e cualidade lingüística.
Os Premios de Publicidade en Galego foron creador en 1993 polo Consello Asesor de RTVE e da CRTVG co obxectivo de fomentar a realización de anuncios en galego, nun momento no que esa non era o habitual nos medios de comunicación. Con estes premios, o Consello Asesor da CRTVG trata de facer unha chamada ás institucións, empresarios e creativos para que aposten pola produción e emisión de anuncios en galego, así como recoñecer o traballo de todos aqueles que fan o esforzo de chamar a atención do público en galego.

Gabinete de Comunicación do Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo