Skip to main content

Antonio Gamoneda, escritor galego universal

Con motivo da entrega do premio, Antonio Gamoneda estará en Galicia en abril. O día 29 ofrecerá unha conferencia na cidade da Coruña e o 30 asistirá á Cea das Letras, organizada pola Asociación de Escritores.

Con este premio, que xa recibiron Mahmud Darwich, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska e Juan Gelman, a Asociación de Escritores en Lingua Galega destaca aqueles autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana.

Antonio Gamoneda

Nacido en Oviedo en 1931. A obra de Gamoneda esténdese desde o 1960 con "Sublevación inmóvil" até hoxe marcada por unha fonda pegada ética que gaña forza nun exemplo de coherencia e verdade poética.

Premio Cervantes en 2006, reivindícase como pertencente á cultura da pobreza: o sufrimento social penetra na súa conciencia lingüística, conferíndolle unha linguaxe poética e semanticamente subversiva. Combina un poderoso dominio do idioma cunha permanente actualidade do seu mundo poético nacida da asunción da propia historia persoal e colectiva.

O recoñecemento europeo e americano revélase na tradución da súa obra a distintas linguas.
Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana en 2006.
Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía en 1988


Asociación de Escritores en Lingua Galega