Skip to main content

Jesús Gamallo dirixe a reunión de lanzamento da Rede Europea de Agrupacións de Cooperación Territorial en Bruxelas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
En aplicación do ditame sobre as AECT tense creado esta rede de AECT da que formarán parte representantes políticos e técnicos do ámbito europeo.

Gamallo, que moderou a primeira mesa redonda do encontro, destacou os elementos principais do ditame do Comité das Rexións sobre a revisión do Regulamento das AECT do que foi relator o Presidente da Xunta de Galicia. Así, destacou a idoneidade desta nova figura xurídica para canalizar programas ou proxectos de cooperación territorial e que servirá para unha mellor adaptación de cara ás necesidades que poidan aparecer neste ámbito a partires de 2014, cando se inicie o novo período de programación financeira na UE.

O director xeral incidiu na importancia do valor engadido que debe aportar o Comité das Rexións no desenvolvemento das AECT. Referiuse en concreto, á posta en marcha desta Plataforma de seguimiento das AECT que levará a cabo unha avaliación permanente do desenvolvemento desta normativa e da súa implantación práctica, facilitando o intercambio de experiencias e unha maior visibilidade deste instrumento de cooperación. Para Gamallo “esta Plataforma será un órgano chave na tarefa de apoio e asesoramento das AECT.”

Dende a óptica galega o director xeral destacou o papel activo que as AECT deben ter no desenvolvemento dunha cooperación territorial máis dinámica, centrada na busca de solucións innovadoras, na optimización dos recursos e no aumento da eficiencia na xestión. A xuízo de Gamallo “todas as autoridades rexionais e locais deberían chegar a coñecer as vantaxes da cooperación territorial institucionalizada”.

Neste acto de lanzamento da plataforma das AECT tomaron tamén parte, entre outras autoridades, a presidenta do Comité das Rexións europeo, o presidente da comisión de cooperación territorial deste organismo europeo e o Ministro de Estado húngaro de Xustiza e Administracións públicas.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza