Skip to main content

A Fundación TIC grava un vídeo musical do grupo ribadense Escala Drinker

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A Fundación TIC grava o venres 4 de marzo o vídeo musical “La búsqueda” do grupo pop-rock de Ribadeo, Escala Dinker. A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do mundo audiovisual. O obxectivo desta clase in situ é completar a súa formación práctica e favorecer a súa inserción no mercado laboral.

Ademais, con esta iniciativa, a Fundación contribúe á promoción de novos artistas da nosa provincia que dispoñen de poucos recursos para dar a coñecer os seus traballos, como é o caso de Escala Drinker.

O vídeo musical de “La búsqueda” terá tres escenarios: o edificio do antigo hospital psiquiátrico de Castro de Rei, onde se gravará pola mañá, e as instalacións da EIS e o parque Rosalía de Castro, pola tarde.

Outras colaboracións

A Fundación TIC xa colaborou noutros destacados proxectos audivisuais que contribúen a promocionar a provincia de Lugo, entre eles, o vídeo musical “Torres de Compostela” da eurovisiva Lucía Pérez.

Ademais participou nas rodaxes do documental Hitler, Garbo... e Araceli, do director Xosé de Cora, na curta Triste soledad de un violinista do sarriano Roberto Lolo e da longametraxe Os mortos van á presa, de Ángel de la Cruz.

Tamén se estimula a relación da Escola co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións. Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e asinou preto de 40 convenios de colaboración con entidades de Lugo.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo