Skip to main content

Luis Tosar cambia de papel para o novo proxecto de Implicadas no Desenvolvemento

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Luís Tosar viaxa o luns 14 de marzo ata o distrito de Salem, na India, para impartir un obradoiro teatral. As destinatarias serán as integrantes do equipo de teatro de rúa do proxecto pola erradicación do infanticidio feminino que Implicadas leva a cabo nesa zona. Implicadas traballa en Salem dende 2007 para erradicar esta práctica pola cal as comunidades toleran que se asasine ás nenas cando acaban de nacer. Dende entón, Implicadas contribuíu a que máis de 900 nenas non perdesen a vida, ademais de mellorar as condicións de vida de máis de 10.000 mulleres. A campaña 1 de 200, presentada o pasado mes de outubro, incide sobre esta problemática.

Non é a primeira vez que Luís Tosar, que é socio da organización, deixa patente o seu compromiso participando nunha actividade organizada por Implicadas no Desenvolvemento. Apoiar a campaña 1 de 200, presentar, unha vez máis, o festival Implícate, noite de música e palabra solidaria este 2011 ou prestar a súa voz á gravación ao teaser Quererás ser son só algúns exemplos.

E non será a última. Neste marco desenvolverase tamén o proxecto audiovisual Cambia de Papel, un documental dirixido, guionizado e producido polo propio Tosar e María Reimóndez, Presidenta de Implicadas, no que se analizarán os diferentes papeis que as persoas poden desempeñar, e como un cambio de papeis supón cambios significativos nas vidas propias e alleas. O proxecto conta coa participación de activistas, persoal e beneficiarias dos proxectos que Implicadas leva a cabo en Tamil Nadu (India) e coa aparición do propio Tosar e Reimóndez. A gravación terá lugar entre o 14 e o 24 de marzo.
Implicadas no Desenvolvemento