Skip to main content

Galicia Media S.L. impulsa o proxecto Pergameo

Galicia Media, SL, pon en marcha o proxecto Pergameo consciente da necesidade de adaptarse aos avances das tecnoloxías da información e da comunicación e aos cambios que a sociedade da información están a provocar nos formatos tradicionais de venda, distribución e promoción dos produtos.

O sector do libro vive estes cambios dun xeito especialmente sensible, situado nunha encrucillada na que é fundamental renovarse para continuar sendo competitivo e manter a súa produtividade ante as novas alternativas que xorden ao libro tradicional.

Neste contexto nace Pergameo, que comprende o desenvolvemento dunha aplicación informática que, funcionando en contorno web, permita aos lectores acceder vía internet a unha gran variedade de libros pertencentes a todas aquelas editoriais, institucións ou organizacións culturais e académicas que desexen participar no proxecto.

O usuario de Pergameo poderá acceder de xeito gratuíto aos libros on line, participar en foros, comentar lecturas, etc.; só deberá facer un desembolso económico en caso de que desexe descargar o libro. Pola súa parte, coa plataforma, as editoriais contan cun servizo que lles vai permitir optimizar as novas canles de distribución das súas obras dixitalizadas.
Galicia Media S.L.