Skip to main content

Galicia, no Centro Nacional de fomento do software libre

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asiste en Madrid ao padroado da Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en fontes abertas CENATIC.

Trátase do primeiro padroado no que participa Galicia tras a súa adhesión a esta Fundación o pasado mes de marzo. A Fundación CENATIC ten como obxectivo xeral “promover o coñecemento e difusión do software baseado en fontes abertas na Administración e nos diferentes sectores de actividade”.

Plan de Actuación ata 2014

Entre outras cuestións, na xuntanza de hoxe presentarase para a súa aprobación o Plan Xeral de Acción 2012-2014 e o Plan Anual de Actuación 2012 enmarcado no anterior. Este último documento programa engloba as accións de prestación de servizos de asesoramento que a Fundación presta a outras Comunidades Autónomas sobre adquisición, liberación e creación de comunidades para aplicacións de fontes.

Estas medidas están enmarcadas no Plan Xeral de Acción 2012-2014 de CENATIC, que tamén será analizado na reunión de hoxe polos membros do padroado. Este documento describe as liñas xerais de actuación da Fundación para o período 2012-2014 nas tres áreas de actuación nas que desenvolve a súa actividade.

Áreas de actuación

No ámbito das administracións públicas, a Fundación facilítalles a adquisición de software de fontes abertas así coo asesoramento na súa liberación e axuda a creación de comunidades en torno aos seus proxectos. No caso das asociacións de usuarios de software libre e as comunidades de desenvolvemento, CENATIC apoia as súas actuacións de promoción do software libre así como trasladando aos autores as melloras nas súas aplicacións.

O terceiro ámbito de actuación son as empresas TIC, ás que CENATIC asesora para incrementar e mellorar a oferta de produtos e servizos baseados en software de fontes abertas, así como achegando información sectorial de calidade para a toma de decisións.

As liñas de actuación para cada un destes ámbitos compleméntanse con actuacións de carácter institucional orientadas á comunicación, a promoción e difusión das vantaxes das tecnoloxías libres, o fortalecemento da Fundación e a investigación e o desenvolvemento de tecnoloxías libres; así como accións internas orientadas á mellora da eficiencia e a xestión do coñecemento do persoal de CENATIC.

Galicia no CENATIC

Coa integración da Xunta en CENATIC o pasado mes de marzo, o Goberno galego conseguiu que a Comunidade teña voz e voto na entidade que toma as decisións estratéxicas para o fomento do software libre a nivel estatal. Pertencer ao padroado de CENATIC axudará a impulsar o sector empresarial TIC autonómico xa que facilitará a difusión nacional e internacional das propostas e ofertas das empresas galegas e a procura de sinerxías e socios con empresas doutras autonomías.

Ademais reportará beneficios xerais inmediatos ao permitir participar dun xeito máis fluído en iniciativas promovidas a nivel estatal e mellorar a colaboración coas comunidades autónomas e a Administración xeral do estado para a compartición e reutilización do código liberado. Tamén permitirá dun servizo de asesoramento sobre aspectos xurídicos, tecnolóxicos e metodolóxicos en materia de FLOSS.

O padroado de CENATIC ten un modelo mixto formado polo Ministerio de Industria, turismo y Comercio, a través da entidade Red.es, así como polos gobernos de Extremadura, Andalucía, Asturias, Aragón, Cantabria, Catalunya, País Vasco e Baleares e as empresas Atos Origin e Telefónica.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia