Skip to main content

O proxecto Indcrea reúne na Illa de San Simón 50 especialistas en industrias culturais para analizar estratexias de crecemento

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Especialistas en industrias culturais e creativas procedentes de 6 países reuniranse do 19 ao 22 de setembro en San Simón, a Illa do Pensamento, con motivo da posta en marcha do proxecto INDCREA, una iniciativa promovida pola Consellería que Cultura e Turismo e o Consello da Cultura Galega (CCG) que bota a andar co foro de debate titulado “Galicia e as industrias culturais e creativas diante da Axenda 2020”. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela e o presidente do CCG, Ramón Villares, desprazaranse o luns ao enclave da ensenada da Ría de Vigo para inaugurar e participar neste encontro, organizado xunto ao CCG pola Fundación Illa de San Simón, a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e coa participación activa das tres universidades galegas.

O encontro ten por obxectivo abrir novos espazos de reflexión e investigación sobre os escenarios de futuro das industrias culturais e creativas de Galicia como sector estratéxico cara a segunda década do século XXI, tendo en conta, ademais, o programa de converxencia dixital da Unión Europea. Deste xeito, tratarase de deseñar políticas culturais orientadas á xeración de riqueza, valor engadido e emprego.

Investigadores de todas as áreas

No encontro participarán preto de medio centenar de investigadores, especialistas, expertos e empresarios dos distintos campos e áreas das industrias culturais e creativas de Galicia, do resto de Europa e de América. Entre eles atópanse catedráticos e profesores das universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo, así como de institucións académicas e docentes de diversos puntos de Iberoamérica e Europa.

Tamén ofrecerán as súas visións sobre profesionais vinculados aos sectores do audiovisual, a música, a edición, a arquitectura, a moda, a divulgación ou o xornalismo.

Durante catro días todos eles debaterán, ordenados en diversos paneis temáticos, sobre as estratexias de crecemento das industrias culturais e creativas como eixo central de cohesión social e, ao mesmo tempo, como posuidoras dun importante potencial de desenvolvemento para enfrontar os retos actuais da crise e a globalización desde a diversidade e a innovación.

Así, as sesións de traballo xirarán en torno ao potencial do sector para valorizar as singularidades da nosa riqueza patrimonial, material, inmaterial e simbólica; a capacidade de emprendemento, innovación e desenvolvemento dos seus axentes activos; a busca de novos públicos para mellorar as ofertas e incrementar os mercados, o desenvolvemento de novos modelos de I+D+i ou a interacción entre as institucións e entidades relacionados coas industrias culturais e creativas.

Paneis temáticos

Con respecto aos paneis temáticos, abordaranse todos estes aspectos tanto a nivel xeral para todo o sector das industrias culturais como centrados nos novos retos que impoñen a sociedade dixital e multimedia. Atenderase aos casos concretos dos libros, dos medios impresos, dos museos ou das artes plásticas, así como sas novas formas de facer e escoitar a radio, do futuro dos clústeres do audiovisual, do valor do patrimonio e do urbanismo, da imaxe da industria da moda en Galicia ou da transformación da industria musical ou da industria dos videoxogos.

O foro será retransmitido en streaming a través da canle San SimónTV, á que se pode acceder mediante a páxina web da Fundación Illa de San Simón (www.illadesansimon.org). Tamén se realizará un completo seguimento en Twitter mediante a conta @illasansimon e baixo a etiqueta INDCREA.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia