Ciencias da Comunicación, sede en outubro o I Foro Galego da web 2.0

A xornada estará dividida de modo que cos relatorios da sesión matinal se traballará en sesión plenaria. Para iso, cóntase coa participación de Fátima Martínez, consultora de comunicación estratéxica, formadora en social media e unha das persoas con maior influencia no ámbito español. Ademais, a quenda de relatorios se completa coa participación de destacados expertos galegos en social media e bloggers como David Serantes, José Luis del Campo Villares e Juan José Romero Crusat.
No transcurso da tarde, as sesións desenvolveranse arredor de catro talleres temáticos sobre Turismo/gastronomía, Intervención Social, Comunicación e Industrias culturais. Do mesmo xeito, se exporán exemplos de boas prácticas e casos de éxito en Galicia no traballo con redes sociais.
En paralelo, vaise desenvolver un bussines meeting point no que se poderán presentar iniciativas novidosas na web 2.0 co fin de mostrar necesidades de financiamento e posibilidades de inversión, comercialización de produtos e servizos ou ben busca de Bussines partner. Toda a información está a disposición das persoas interesadas na páxina web www.forounirede.com en Facebook e en Twitter (@foroUNIREDE). As inscricións pódense realizar dende en www.forounirede.com.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)