Saliéntase o papel da CRTVG na normalización lingüística e o audiovisual
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presidiu a clausura do seminario que, baixo o título As televisións autonómicas e o futuro do sector audiovisual en España, se celebrou onte e hoxe en Santiago de Compostela coa colaboración do Consorcio Audiovisual de Galicia. Durante dúas xornadas, acreditados profesionais e expertos do sector levaron a cabo no Hotel Araguaney unha análise da situación actual das televisións autonómicas e do futuro do audiovisual. No acto de clausura, o conselleiro estivo acompañado polo presidente da Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA), Ramón Domínguez Rego; polo director de Asuntos Públicos e Relacións cos Membros da Unión Europea de Radio-Televisión, Ignasi Guardans; o titular de Circom Regional, Asociación Europea de Televisións Públicas Rexionais, Michael Lally, e polo presidente de Media Research & Consultancy, Fernando Labrada.
O conselleiro de Cultura e Turismo aproveitou a súa intervención na sesión de clausura para facer un repaso aos 26 anos de historia da televisión autonómica galega, dos que destacou “o papel que xogou na normalización lingüística e no desenvolvemento do sector audiovisual”. En primeiro lugar, Roberto Varela fixo fincapé en que a Compañía de Radio Televisión de Galicia “ten sido un instrumento imprescindible para a normalización lingüística”, e lembrou que co seu nacemento “o conxunto dos galegos dispuxo dunha canle que por primeira vez emitía integramente os seus contidos no noso idioma”.
Neste sentido, Roberto Varela considerou que “é necesario que a Televisión de Galicia manteña o seu compromiso coa nosa lingua e coa nosa industria audiovisual, calquera que sexan os retos que lle depare o futuro”. Asemade, o conselleiro reiterou que “tendo en conta que a nosa fala é o vehículo fundamental para a transmisión da cultura e da identidade de Galicia, cómpre que pola en valor unha vez máis o sobranceiro papel que xogou neste eido a televisión autonómica”.
Doutra banda, o titular de Cultura tamén quixo destacar que a CRTVG “ten sido tamén un axente clave no desenvolvemento da industria audiovisual da nosa comunidade”. Neste senso, lembrou que a partir de finais dos 80 “a Televisión de Galicia erixiuse nun verdadeiro motor para o sector”. Durante eses anos, explicou, “o audiovisual galego foi medrando a un ritmo vertixinoso, un proceso no que os filmes, series, documentais e programas producidos pola CRTVG conformaron unha magnífica canteira de profesionais”. “Cualificados profesionais cuxa formación estivo moi ligada á grande escola do audiovisual de Galicia que ten sido a CRTVG”, engadiu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia