Skip to main content

A investigación da profesora María José Domínguez, galardoada co selo Humboldt pola súa excelencia científica

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A rigorosidade destes premios, que concede un comité composto por membros de todas as áreas disciplinares, queda de manifesto nun dato revelador: ata o momento 41 beneficiarios das súas bolsas recibiron o Premio Nobel.

O proxecto de investigación premiado nesta convocatoria versa sobre gramática contrastiva español-alemán, un ámbito no que, xunto coa lexicografía e a teoría de valencias, María José Domínguez Vázquez é especialista e no que ten publicado numerosas monografías, capítulos e artigos en revistas de impacto internacional.

María José Domínguez Vázquez

Membro do grupo de investigación ‘Textos e contextos alemáns: sincronía e diacronía (Humboldt)’ da USC - que actualmente desenvolve 5 proxectos competitivos-, lidera un proxecto sobre a elaboración dun corpus bilingüe informatizado e dun dicionario en liña para español e alemán financiado pola Xunta de Galicia e participa noutros nacionais e internacionais.

María José Domínguez coordina ademais o Máster Europeo en Lexicografía Teórica e Práctica que promove un consorcio internacional de 15 universidades e centros de investigación europeos, americanos e africanos.


Gabinete de Comunicación da USC