A premiada Tyrannosaur abre na Coruña o ciclo O cine ante a violencia de xénero
Comeza na Coruña o ciclo “Por unha nova mirada: o cine ante a violencia de xénero” organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade, en colaboración co CGAI, dentro da programación conmemorativa do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o 25 de novembro. O ciclo, presentado esta mañá na Coruña pola titular de Igualdade, Susana López Abella, e o director do CGAI, Guillermo Escrigas, ofrece unha selección de películas que amosan o dramatismo de tantas situacións de violencia que, por razóns de xénero, sofren as mulleres en todo o mundo.
Entre o 22 e o 25 de novembro van proxectarse na sala do CGAI na Coruña tres títulos: Tyrannosaur (2011) de Paddy Considine, que ven de coseitar sucesivos premios en festivais internacionais; Domestic Violence de Frederick Wiseman, unha perspectiva analítica e minuciosa do maltrato que, en dúas partes, aborda a acción policial, os grupos de terapia, as actividades educativas e os centros de prevención e o rexistro penal; e Grbavica (2006) de Jasmila Sbanic, sobre as consecuencias da guerra en Iugoslavia, as múltiples traxedias derivadas do conflicto no que as mulleres son vítimas invisibles.
Para o día 25 está prevista asemade unha mesa redonda baixo o título ‘O cine, unha mirada cómplice na violencia contra as mulleres?’, con intervención da ensaísta e crítica de cine Pilar Aguilar e a responsable en Galicia da Asociación de Mulleres Cineastas, CIMA, Chelo Loureiro.
De xeito complementario, Igualdade organiza unha exposición de carteis cinematográficos da colección do CGAI, que se inaugura o día 25 na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, para facer un percorrido por algunha das múltiples formas e puntos de vista polos que o cine se ten aproximado á violencia de xénero ao longo da historia.
A programación conmemorativa desta data inclúe tamén campaña de sensibilización cun spot de Tv e cuñas de radio, para fomentar a corresponsabilidade e unha maior implicación de toda a sociedade e do entorno familiar e de amizades das vítimas, cun chamamento especial para que se produzan estas denuncias, “porque a denuncia é necesaria para desencadenar os protocolos de protección á vítima e darlle seguridade”, segundo puxo de relevo esta mañá a titular de Igualdade na rolda de prensa.
A peza central é un spot de 20”, que os espectadores poden ver en TVG, que colabora desinteresadamente, e a partires do día 25 en 112 salas de cine de Galicia. A imaxe da campaña pode verse tamén en vallas e nas traseiras de autobuses urbáns das liñas máis frecuentadas da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e pode escoitarse nas emisoras de radio.
Como material de apoio, editaronse 30.000 carteis e marcapáxinas, que son distribuidos nos comercios e nas librarías de Galicia, coa colaboración da Federación Galega de Comercio.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia