Preséntase a nova cabeceira do semanario en galego Terras de Santiago
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou no acto de presentación da nova cabeceira do semanario Terras de Compostela, co que comezará a editarse o ata de agora Tierras de Santiago, dando deste xeito un impulso ao galego nos medios de comunicación.
Durante a rolda de presentación o secretario xeral de Política Lingüística estivo acompañado polo director do semanario, Juan Salgado. García sinalou que “desde a Xunta apoiamos todas aquelas iniciativas, que como esta empregan a lingua galega, e neste caso concreto consideramos de gran importancia que o xornal comece a editarse en galego”, ao tempo que sinalou que “con esta medida iniciase un proceso de incremento do uso de galego nos medios de comunicación, a través de compromisos de colaboración coas empresas editoriais”.
A tiraxe
Deste xeito, o semanario Tierras de Santiago pasará a chamarse Terras de Santiago. Cómpre recordar que o xornal foi creado en 2006 pola Editorial Compostela, a mesma que a de El Correo Gallego; e que distribúe gratuitamente 30.000 exemplares nunha contorna que abrangue 26 municipios da área de Compostela.
O cambio de cabeceira, tamén implica unha maior presenza do galego nas súas páxinas, sinaladamente naquelas nas que se recolle información de interese para a mocidade. Deste xeito o xornal cumpre coas directrices feitas públicas pola secretaría xeral, e mesmo coa preocupación do Consello da Cultura Galega, de achegar o galego á xuventude, por tratarse dun colectivo que por formación académica foi ensinado na lingua que nos é propia e que, a pesar diso, mostra unha preocupante desafección cara o galego.
Terras de Santiago xa viña ofrecendo informacións e artigos de opinión en galego, e incrementará esta presenza partir da sinatura deste acordo e en sintonía co pensar da empresa editora, destacada ao longo da súa historia nese compromiso coa lingua. Do mesmo xeito a Xunta continúa a dar mostra do seu compromiso coa lingua galega tal e como queda co acordo asinado.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia