A campaña "Vivamos como galegos", premio Ampe de Prata

“Vivamos como galegos” tivo máis de 2,5 millóns de visitas de 142 países de todo o mundo á súa web, conta con máis de 100.000 fans en Facebook e é, ata o momento, a campaña máis descargada de Internet na historia da publicidade española, respecto ao target de planificación.
Na rodaxe de 1000 anos máis vivindo como galegos participaron 950 cidadáns de Galicia seleccionados entre miles de solicitudes nun concurso convocado nas redes sociais que xerou unha grande expectación e confirmou o éxito de notoriedade da campaña.
A Asociación de Medios Publicitarios de España está integrada por máis de trinta empresas dedicadas profesionalmente ao desenvolvemento dos medios publicitarios de España e anualmente convoca os Premios Ampe, nos que se valora, entre outros aspectos, a creatividade, os resultados obtidos pola campaña en canto a notoriedade e recordo e o grao de vinculación coa marca. Nesta 43ª edición participaron máis de 140 das principais empresas nacionais e multinacionais e Gadis foi premiada xunto a importantes marcas.
A campaña “Vivamos como galegos”, desenvolvida pola axencia BAP&Conde, recibiu outros tres premios nacionais nos últimos anos. No 2010, o spot Maloserá!!! logrou un Premio de Prata á Eficacia en Comunicación Comercial, concedido pola Asociación Española de Anunciantes.
“Vivamos como galegos” obtivera, ademáis, no 2009 un Premio EFI e un AMPE de Prata, así como o Mestre Mateo de Producción Audiovisual dos anos 2007 e 2009, da Academia Galega do Audiovisual, e da Asociación Galega de Editores.
Gabinete de Comunicación de Gadisa