Os xornalistas galegos súmanse á petición de igualdade das súas condicións laborais na UE
Profesionais do xornalismo da Unión Europea pediron nunha reunión celebrada esta fin de semana en Salónica (Grecia) igualdade de condicións laborais e rexeitaron as agresións e ameazas que están a sufrir no exercicio da profesión os que traballan en Grecia.
No encontro púxose de manifesto como situación xeneralizada en toda Europa a precarización laboral dos xornalistas, que se manifesta en contratos temporais ou contratos como free lance, nos que os empregados, sendo por conta allea, teñen que pagar eles mesmos as cuotas á Seguridade Social.
Ao seminario, organizado pola Federación Europea de Xornalistas (FEP), asistiu en representación da Federación Española de Asociacións da Prensa de España (FAPE) Áurea Sánchez, que forma parte da directiva da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC) e da Rede Internacional de Mulleres Periodistas.

Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela