O profesor Raúl Trejo considera que “en calquera formato o xornalismo ten responsabilidades”
A conferencia pronunciada polo profesor e investigador da Universidade Autónoma de México, Raúl Trejo, deu inicio esta mañá ao Congreso Iberoamericano de Xornalimo Dixital, que se celebra na Facultade de Ciencias da Comunicación. Tejo resaltou as responsabilidades que conleva o exercicio da profesión xornalística cualquera que sexa o seu formato. “Por iso – matizou Trejo – é pertinente que en liña ou fóra dela os xornalistas fagan explícitos os parámetros cos que manexan a información”.
A continuación, o profesor Rosental C. Alves, catedrático da Universidade de Texas-Austin, explicou os modelos de negocio que está vivindo internet e o cambio sufrido na actualidade polos medios eléctronicos. “Durante un tempo se pensou -dixo Rosental- que os medios impresos e electrónicos tiñan que convivir, pero agora vemos como os medios electrónicos están gañando terreo; en EE.UU, os cibermedios son rendibles, pero cada día queren conseguir máis”.
Na mesma líña coincidiu o profesor da Universidade Complutense de Madrid, Timoteo Alvarez, quen afirmou que “en internet se sitúan os negocios do futuro”. Segundo Timoteo Álvarez a rendabilidade e os maiores volumes de negocio na rede estarán centrados na oferta de contido relativos ao ocio e á información moi especializada e segmentada, e indicou que co tempo “a información xeral será gratuita no contorno dixital”.
Na sesión da tarde Karma Peiró, membro do grupo de Periodistas Digitals de Catalunya, debuxará unha radiografía do perfil laboral do xornalista dixital e comentará as posibilidades de traballo que os cibermedios están abrindo na actualidade. Ademais, intervirán, entre outros, Mario Tascón, director xeral de contidos de Prisacom, e Enrique Múgica, de La Tercera (Chile), para falar da organización nun xornal dixital. Asimesmo, a profesora da Universidade do País Vasco, María José Cantalapiedra, explicará os bos tempos nos que, segundo a súa opinión, vivimos para recupera-lo xornalismo informativo no canto do interpretativo.
As intervencións no día de hoxe finalizan cos profesores Ignacio Armentia e Carlos Scolari, das universidades do País Vasco e Vic respectivamente, que farán un percorrido pola historia do deseño, dende o pergamino ata a web.
O Congreso, que reúne a máis de trescientos profesionais e estudantes do ámbito da comunicación para analizar o futuro do xornalismo na rede, continúa o martes, día 30, na Facultade de Ciencias da Comunicación.
Actividades paralelas
Nesta primeira xornada, os asistentes ao congreso tamén puideron asistir á presentación do libro “Hacer clic” do profesor Carlos Scolari, gañador do premio Fundación Epson. Ademais, para esta tarde está prevista a presentación do proxecto multimedia “Os Ancares” no que participan Alberto Cairo, Marita Otero e Rich Beckman.
O Congreso está sendo retransmitido en directo por internet a través do portal universitario Campus Red, pertencente á fundación Telefónica. Ademais, como actividade paralela, está previsto para esta noite un encontro de bloggers a partir das once.

Gabinete de Comunicación da USC