A Lei de Telecomunicacións de Galicia blinda ao sector como un servizo básico
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que o Proxecto de lei de impulso e ordenación das infraestruturas e telecomunicacións de Galicia supón blindar as telecomunicacións en Galicia como “un servizo básico, igual que é un servizo básico a luz ou a auga”. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, manifestou que se trata do “primeiro proxecto de lei de telecomunicacións de Galicia”, e que pretende ser “unha norma fundamental nun ámbito cada vez máis fundamental na vida e no traballo dos cidadáns”.
O presidente galego avanzou que este Proxecto de lei, que enmarcou na aposta do Goberno galego por potenciar as infraestruturas tecnolóxicas, nas que está a investir 1.600 millóns de euros a través do programa Axenda Dixital 2014 Punto Gal, introduce “máis coordinación, máis planificación e maior anticipación”.
Así, en primeiro lugar, resaltou que se pretende evitar “que se dupliquen esforzos e investimentos na administracións públicas”, o que implica “maior coordinación entre os axentes públicos e os axentes privados”, polo que a Lei obrigará aos operadores de telecomunicación e aos concellos a remitir periodicamente información sobre os seus plans de despregamento executados ou previstos. Con esta información, engadiu, se desenvolverá “o mapa de infraestruturas de telecomunicación de Galicia que evitará a superposición de iniciativas dos operadores privados e dos concellos”. Segundo apuntou, imporase tamén unha maior coordinación entre os axentes privados, posto que a norma os obrigará a compartir infraestruturas.
Todo isto, considerou, supón “un paso sen dúbida importante, que contribúe á implantación ordenada e eficiente das infraestruturas e ao fomento da competencia e a ir solucionando pouco a pouco os problemas de sombra que temos na comunidade autónoma desde o punto de vista da telefonía móbil”.
No tocante ao incremento da planificación, Feijóo detallou que todas as actuacións que se leven a cabo no eido das telecomunicacións “teñen que ter como base as necesidades reais existentes en Galicia e detectadas no mapa de infraestruturas”. Polo tanto, indicou que a Lei prevé o desenvolvemento dun plan sectorial de infraestruturas de telecomunicación de Galicia que permita “establecer criterios a seguir polos concellos e pola Xunta de Galicia na planificación do territorio, convertendo os servizos de telecomunicación nun elemento máis da planificación urbanística”.
Finalmente, en relación co aumento da anticipación que suporá a Lei, o presidente da Xunta explicou que se regula a previsión de infraestruturas de telecomunicacións nos novos edificios públicos, facéndoa obrigatoria, de tal xeito que “os novos edificios públicos que se fagan na Comunidade Autónoma teñen que ter a previsión de infraestruturas tecnolóxicas, reducindo o custo que suporía implantalas unha vez concluído o edificio”. Ademais, anunciou que nos proxectos de obra pública de estrada se incluirá “un espazo axeitado” para as infraestruturas tecnolóxicas e nas vivendas de nova construción se incorporarán os elementos necesarios para o desenvolvemento do “fogar dixital”.
Nas súas declaracións, o presidente da Xunta afirmou que a Lei de telecomunicacións ten como obxectivo impulsar o sector, que en Galicia implica a 1.500 sociedades e 13.000 empregos, ao tempo que blindar para os cidadáns este servizo público.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia