O roadshow Movistar Galicia percorreu 37 municipios con 6.000 visitas
Preto de 6.000 persoas visitaron a aula móbildo RoadshowMovistar Galicia no percorrido que levou a cabo entre febreiro e maio deste ano por 37 municipios galegos beneficiados polo Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.
Dotado con 18 postos con ordenador, o autobús do RoadshowMovistar Galicia -que se puxo en marcha co obxectivo de trasladar á poboación rural as vantaxes e utilidades de internet para as xestións da vida cotiá-, permitiu aos veciños dos municipios onde estivo presente participar en diversas demostracións nas que se ensinou--, por exemplo, a facer unha compra online, a solicitar unha cita médica ou a consultar todo tipo de información -prensa, música, ofertas de emprego, partes meteorolóxicos, etc. -. A aprendizaxe estivo en todo momento supervisado por persoal especializado de Telefónica.
O itinerario do autobús comezou a mediados de febreiro en Cambre e continuou despois en Outes, Betanzos, Coirós, A Capela, Abadín, Xove, Boborás, Amoeiro, Fisterra, Mazaricos, Cambados, Bande, Baños de Molgas, Muros, Lobeira, Sober, Ares, A Pastoriza, Pol, Cedeira, Cabanas, Narón, Tui, Mondariz, Salceda de Caselas, Ponteareas, Tomiño, O Rosal, Vilaboa, San Cibrao das Viñas, Rodeiro, Silleda, Abegondo, Lalín, Vilalba e Carballo.
O RoadshowMovistar Galicia forma parte das accións complementarias do Plan de Banda Longa da Xunta de Galicia, que foi adxudicado a Telefónica en setembro do pasado ano e que dotará de acceso a Internet ata 2013 a máis de 11.300 novos núcleos de poboación do rural galego.
Esta actuación do Plan beneficiará a preto de 250.000 persoas, e Telefónica utiliza para o seu despregamento a moderna tecnoloxía 3G-UMTS en la banda de 900 MHz, con gran capacidade de propagación en zonas orográficamente complexas e capaz de alcanzar velocidades de ata 7 megas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia