Skip to main content

Fonmiñá está a traballar na XXXIV edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que se vai celebrar en setembro

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Os ciclos INFANTIL, O MELLOR DO ANO, CURTAS-SECCIÓN OFICIAL e SECCIÓN OFICIAL celebraranse no Auditorio Gustavo Freire. O ciclo CINE E RADIO proxectarase no salón da Deputación Provincial, un novo “Y, PARA COMER, LUGO” terá por marco o salón de actos da Biblioteca Provincial de Lugo; a sección CURTAS proxectarase na sala do Vicerreitorado da Universidade, e o ciclo RICARDO NÚÑEZ no salón de Novacaixa Galicia.

Nesta XXXIV edición homenaxearase a RICARDO NÚÑEZ, actor, director e
productor de cine nado en Betanzos, que tivo unha gran relevancia no
panorama cinematográfico español dos anos trinta. Unha exposición sobre
a súa vida e obra terá por marco o Refectorio do Museo Provincial de Lugo.

Copatrocinan esta Semana a Deputación Provincial de Lugo, Concello de
Lugo, Xunta de Galicia, Novacaixa Galicia e a Universidade-Campus de
Lugo. Colabora a Deputación Provincial da Coruña.

A presentación oficial desta Semana efectuarase nos primeiros días do mes de setembro.
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá