Skip to main content

Redúcese un 50% a publicidade institucional respecto á lexislatura anterior

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
O Diario Oficial de Galicia publica os pregos para o desenvolvemento dunha campaña de sensibilización baixo o título Galicia competitiva: a innovación, o emprendemento e a internacionalización como eixos clave para o crecemento económico e do emprego en Galicia. A campaña, prevista desde principios de ano dentro da planificación anual de comunicación da Xunta de Galicia, foi enviada como aviso previo ao DOUE (Diario Oficial da Unión Europea) no mes de febreiro de 2012. Esta planificación anual de comunicación, que ata agora non existía, supón un descenso de preto do 50 por cento da publicidade institucional con respecto á anterior lexislatura.

Galicia competitiva é a única campaña institucional da Consellería de Economía neste ano, orientada a potenciar a innovación, a internacionalización e a Marca Galicia, así como para apoiar o sector empresarial galego.

A Secretaría xeral de Medios estima que é unha campaña necesaria, útil, e que se rexe polos criterios de transparencia. Unha campaña pública, oficial que, ao contrario do que facía o goberno bipartito, non se esconde en mecanismos administrativos opacos.

A Secretaría de Medios é consciente de que estamos nuns momentos económicos moi duros para todos pero iso non debe levarnos a deixar desprotexidos nin os sectores empresariais, nin ao sector publicitario e mediático galego. Unha publicidade clara, transparente, pública é tamén unha forma de axudar ás empresas galegas, así como a eses dous sectores que están a sufrir como ningún a crise.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia