Skip to main content

Alumnos da Escola de Imaxen e Son de Lugo participarán no II Congreso Galego do Audiovisual

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Alumnos e docentes da Escola de Imaxe e Son de Lugo, que depende da Fundación para el Desarrollo de las Tecnologías de la Información y la Comunicación, asistirán ó II Congreso Galego do Audiovisual, que se celebrará dende mañá xoves, día 16 ata o sábado, día 18, en Santiago de Compostela.
Os estudantes que acuden ó evento organizado pola Academia Galega do Audiovisual pertencen ós dous Ciclos de Formación Profesional de grao Superior que se imparten na Escola da Fundación TIC: Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e Realización de Audiovisuais e Espectáculos.
Por outra banda, responsables da Fundación TIC darán a coñecer, no Congreso Galego do Audiovisual, ó proxecto da entidade. A presentación corporativa terá lugar na tarde do vindeiro sábado, día 18.
O longo das xornadas, os alumnos participarán nos diferentes obradoiros de traballo, conferencias e debates programados.
En concreto, os asistentes solicitaron a súa inscripción no obradoiro Docustellae, que lles permitirá realizar un microdocumental de tres minutos de duración.
Fundacion Tic