O Instituto Galego de Consumo lembra aos afectados polas preferentes cómo solicitar unha arbitraxe
O IGC está a reforzar o servizo do Instituto Galego de Consumo (IGC), dependente da Consellería de Economía e Industria, para ofrecer unha mellor atención aos afectados polas preferentes interesados en solicitar esta vía áxil e gratuíta. Para facilitar o acceso aos interesados en solicitar a arbitraxe, tamén pódese descargar a solicitude na páxina web do IGC (igc.xunta.es) e presentala cuberta en calquera oficina de Consumo, OMIC ou mesmo no rexistro do concello correspondente.O executivo autonómico agarda que este soporte administrativo posto en marcha no IGC, que non ten custes para os afectados, permita reintegrar o antes posible o diñeiro depositado por aquelas persoas que adquiriron participacións preferentes con información deficiente ou debido a unha mala comercialización.
Instituto Galego de Consumo






