Skip to main content

Profesionais do audiovisual galego debaten coa directora do ICAA a grave situación crise do sector

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o coloquio entre a directora xeral do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), Susana de la Sierra, e profesionais do sector audiovisual de Galicia, nunha sesión organizada polo Clúster Audiovisual Galego coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o presidente do clúster foron os encargados de abrir a sesión, dirixida a todos os representantes de produtoras audiovisuais galegas. “Neste momento de dificultades para todos –afirmou Anxo Lorenzo–, tamén para os profesionais dun sector estratéxico como o audiovisual, faise máis necesario que nunca dialogar, escoitar e ofrecer alternativas de novos modelos que se adapten mellor á situación actual”.

Apoio ao sector audiovisual

O seu departamento e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) apoiaron a realización do encontro, que tamén contou coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a través do propio ICAA. Respecto da Agadic, o secretario xeral recordou que a axencia está a planificar as próximas convocatorias de subvencións previstas para 2013 e dirixidas aos diferentes sectores culturais.

As diferentes liñas de axudas do Goberno central dirixidas á industria do cine centraron a intervención de Susana de la Sierra, que foi seguida dun coloquio cos profesionais asistentes sobre esta e outras cuestións de interese para o sector audiovisual galego.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia