O BNG pregunta no Parlamento pola actuación de Isabel Pantoja no Luar da TVG
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/isabel_pantoja.jpg)
A parlamentaria agarda que o director xeral da CRTVG responda sobre os criterios e persoa responsable da devandita contratación así como do cache que Isabel Pantoja percibiu pola súa actuación no programa emitido o pasado día 23 de febreiro no programa “Luar” da TVG.
Prado tamén preguntará se os responsables da TVG seguirán contratando e publicitando a persoas a espera de sentencia, tras un proceso xudicial como o que concirne a Isabel Pantoja trala Operación Malaia.
Para a deputada, a contratación da tonadillera, que está a ser xulgada por presunto delito de “branqueo continuado de capitais”, responde “a deriva” do medio público galego que xa nin sequera repara en contratar a persoas acusadas de cometer delitos de lavado de cartos e presentalos con total normalidade, a pesar de seguir pendente dunha condena que a pode, mesmo obrigar a ingresar no cárcere por ese delito.
A deputada asegura que os medios de titularidade pública galega, deben cumprir unha función de servizo á cidadanía e a Galiza e non malgastar os fundos públicos con persoas acusadas e pendentes de sentenzas xudiciais por delitos de lavado de cartos e fraude a Facenda pública.
Gabinete de Comunicación do BNG