A Xunta pídelle a Google que traduza ao galego o sistema operativo Android
A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de solicitarlle a Google a tradución ao galego do sistema operativo Android. Con esta iniciativa, que contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, búscase que este sistema operativo, baseado en software libre, estea dispoñible en galego para todos os cidadáns, independentemente do terminal que empreguen.
Así o explicou a directora da Amtega, durante a presentación do Plan de Software Libre 2013 da Xunta, que conta cun investimento de 923.000 euros para o desenvolvemento de 120 actuacións para impulsar o uso software libre e código de fontes abertas (Floss) en Galicia.
Mantendo a senda iniciada en 2010, este Plan desenvolverase en colaboración coas asociacións galegas de usuarios de software libre (AGUSL), as empresas do sector (AGASOL), o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG, que integra as tres universidades) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG).
Plan de migración a Software Libre no posto do empregado público
No eido da Administración, Mar Pereira, destacou que a finais de 2013 coñeceranse o resultado da análise exhaustiva que se está a realizar sobre a viabilidade da migración a software libre dos ordenadores dos empregados da Administración Xeral. O estudo, que está a realizar AGASOL, identificará o impacto económico do cambio a ferramentas ofimáticas de fontes abertas nos postos de usuario, así como as necesidades tecnolóxicas, organizativas e formativas que require esta medida. Con esta información elaborarase o plan de migración.
Software Libre na Administración
En canto á implantación e o emprego do software libre nos sistemas informáticos e proxectos tecnolóxicos da Administración autonómica, Mar Pereira destacou que os sistemas para a monitorización e control da infraestrutura do corazón dixital de Galicia (o Centro de Proceso da Datos Integral, situado no GaiásI) sustentaranse sobre software libre.
A directora da Amtega indicou que se empregará tamén o software libre en iniciativas tecnolóxicas de diferentes áreas como no proxecto do Xeoportal de indicadores territoriais (Desourb), que será liberado no Repositorio de Software Libre da Xunta este ano, ou no desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
No eido educativo, a terceira fase de Abalar permitirá a instalación de 200 novos servidores de centros e a actualización doutros 450 baseados en software libre. Ademais, dotaranse 300 novas aulas con kits dixitais (portátil e pizarra) con solucións libres.
Durante este ano impartiranse preto de 900 horas en formación específica de software libre para os empregados públicos, tanto a través da EGAP, como nas actividades formativas en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática.
Software Libre para a cidadanía
En canto ás medidas destinadas á cidadanía, xunto coa xestión para a tradución do sistema opertivo Android ao galego, desenvolveranse outras actividades formativas e de difusión.
A rede de aulas CeMIT, ofrece este ano máis de 40.000 horas de formación en alfabetización dixital, tecnoloxías multimedia e audiovisuais dirixidas á cidadanía e ás empresas, tanto de xeito presencial, a través das súas 98 aulas, como a través da plataforma de teleformación, o Espazo Multimedia de Aprendizaxe.
En colaboración coas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre e as Universidades levaranse a cabo 50 actividades formativas e divulgativas coa celebración de xornadas, cursos e obradoiros e a elaboración de materiais didácticos que se publicarán no Repositorio Documental de Software Libre.
Este ano convocarase o IV Premio ao mellor proxecto universitario de fin de carreira con Software Libre en colaboración co CIXUG, que integra as tres universidades.
Software Libre na empresa
A tendencia no uso do software libre nos últimos ano mantivo unha progresión ascendente no ámbito empresarial. A finais de 2012 case o 74% das empresas empregaban aplicativos libres, chegando ao 82% no caso das empresas do sector TIC. Desde 2008 o uso do Sistema Operativo Libre incrementouse en 13,1 puntos porcentuais acompañado dun descenso de 15,1 puntos no uso de sistemas operativos privativos. No caso das empresas TIC este aumento chegou a 24,4 puntos.
Para incentivar o uso do Software Libre no sector empresarial a Amtega celebrará 14 obradoiros e seminarios prácticos sobre solucións de software libre no Centro Demostrador TIC e 136 horas de formación.
Ademais, en colaboración con AGASOL crearase un conxunto de solucións tecnolóxicas de software libre especificamente deseñadas para cubrir as necesidades de xestión das micropemes e dos autónomos que será presentado no CDTIC. Así mesmo, AGASOL ofrecerá asesoramento sobre solucións tecnolóxica libres ás empresas de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia