Skip to main content

Merchi Rodal presenta As lambetadas de Larpeiros na Feira do Libro de Lugo

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A cociñeira de Cangas de Morrazo reuniu neste volume publicado pola editorial Galaxia, máis de setenta receitas de repostería caseira, na que non faltan os grandes clásicos galegos -roscóns, biscoitos, madalenas, filloas, cremas...- e algunhas propostas cun toque mais personal.

"Quixen facer un libro no que todas as receitas resultaran fáciles e divertidas de facer na casa, cunha inspiración clara na respostería popular de Galicia, pero tamén aportando ideas e pequenos trucos para facelas ainda máis atractivas - explica a autora-. Estou moi contenta de xuntar no libro receitas moi tradicionais e outras que nas que puxen algo de inventiva propia. E todas poden facerse sen necesidade de ingredientes dificiles de atopar , simplemente usando ese molde que todos temos na casa, unha cunca e unha culler".

Do flan de arroz coin leite á torta de kiwi

Despois do éxito alcanzado polos libros de cociña do programa, asinados por Benigno Campos, moitos espectadores de Larpeiros esperaban a publicación das receitas de repostería : o flan de arroz con leite, os pasteis de froitas, a torta de kiwi, as marmeladas, as filloas con abelás...

O libro conta con coidadas fotografías do colectivo Nyxstyle, tres fotógrafas e estilistas "que realizaron un traballo verdeiramente orixinal, nun campo no que é difícil aportar algo novo. Pero as fotos de Laura, Estefanía e Sofía son distintas e moi bonitas", en opinión de Merchi Rodal.

Para Xosé Cermeño, creador de Larpeiros , Merchi Rodal e as súas receitas responden moi ben ao espírito do programa: "Merchi transmite amor polos produtos do país, curiosidade polas receitas novas e unha enorme alegría de vivir e de facer lambetadas que nos gusten a todos. E esas cousas -coñecer, compartir, gozar- son das que trata o programa e das que trata este libro. Un verdadeiro tratado sobre a felicidade".
Merchi Rodal