O Salón Teatro de Santiago de Compostela estrea a curtametraxe de animación Cousas de meigas
O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle o xoves 4 de xullo ás 21:00 horas a estrea da curta de animación Cousas de meigas, producida pola empresa galega Firmist Animación, con dirección de Iván Fernández e guión de José Ramón Puente.
O escenario compostelán ofrece esta estrea dentro da súa temporada de programación e presta así un apoio adicional á difusión desta fita realizada pola produtora con sede en Ames que obtivera unha subvención de algo máis de 22.700 euros na convocatoria de 2011 da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) destinada á produción de curtametraxes, dentro da modalidade de animación en soporte cinematográfico.
Cousas de meigas conta durante oito minutos e medio a historia de Curuxa, unha meiga compostelá que perde a súa nai cando aínda non está preparada para ser meiga adulta. A partir de aí, fará probas frustradas co seu libro de conxuros e coa súa vasoira, pero terá unha axuda inesperada por parte dunha vella gárgola, coñecedora pola súa idade de todos os trucos e que posúe a peculiaridade de cobrar vida coa lúa chea. As peripecias entre Curuxa e a gárgola farán que a protagonista aprenda o funcionamento da vasoira como paso fundamental para facerse meiga adulta. Finalmente, o espectador decátase de que tanto Curuxa como a súa nai ou a propia gárgola son tan antigas como a propia cidade de Santiago de Compostela e que niso basean a súa sabedoría.
Ademais da dirección de Iván Fernández —autor tamén da adaptación e do storyboard— e do guión de José Ramón Puente —quen a súa vez se fixo cargo da produción executiva— participan na interpretación deste filme en galego como idioma orixinal os actores de dobraxe Daniel Pérez e Isabel Luis. Da animación ocupáronse Virginia Marcos, Javier Vázquez e Féliz Gil, responsable este último así mesmo da iluminación xunto a Pablo Pazos e Cristian Franganillo. Da banda sonora asinada por Sergio Pena forma parte a interpretación da canción titulada 'Medio Meiga' a cargo do grupo galego Ruxe Ruxe.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia