Skip to main content

O blog Xente Dixital, un espazo para difundir, compartir coñecementos e consellos prácticos sobre tecnoloxía

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
No blog, os internautas atopan información de actualidade sobre iniciativas, curiosidades e novas tecnolóxicas estruturadas en torno a seis seccións fixas, “Actualidade”, “Cursos”, “Guías Prácticas”, “¿sabías que...?”, “Casos de éxito” e “XD a fondo”.

En XD cada semana abórdase un tema en profundidade, desde distintas perspectivas e sempre dun xeito ameno e accesible a todo tipo de públicos. Vídeos, fotos e experiencias en primeira persoa acompañarán estas informacións da sección de Actualidade.

Información, experiencias prácticas e curiosidades

Desde o espazo “Cursos”, pódese estar ao día de toda a actividade formativa da Rede de Aulas CeMIT pero tamén doutras actividades sobre formación dixital de interese. En “Guías prácticas” os visitantes de Xente Dixital poden atopar manuais de uso sobre aplicacións TIC e a sección “¿Sabías Qué...?” ofrece pílulas informativas sobre cuestións curiosas do eido tecnolóxico.

“Guías prácticas” acolle pequenos titoriais, consellos e experiencias prácticas para que a navegación pola rede sexa aínda mellor. Esta sección busca a participación dos propios usuarios para que sexan eles os que ensinen aos internautas como e de que maneira utilizan a rede para sacar o mellor proveito dela.

A través de “XD a fondo” analízanse pormenorizadamente diversos temas de actualidade que permitirán achegar conceptos, actuacións e mesmo explicacións sobre tecnoloxía nunha linguaxe que todo o mundo poida entender, afastada de tecnicismos.

A sección “Casos de éxito”, está destinada a persoas ou empresas non TIC que estean a destacar ou mellorar grazas a incorporación da tecnoloxía.

Espazo para o debate

Xente Dixital naceu o pasado mes de xuño con vocación de ser unha fiestra aberta aos internautas con obxectivo de servir de foro no que debater sobre tecnoloxía e nutrirse da suxerencias e experiencias de todos os que se asomen a ela.

Por iso, a través da súa presenza nas redes sociais, XD invita a participar e compartir coñecementos, así como a recibir todo tipo de comentarios e suxerencias, para o que se habilitou unha caixa de correo na que todas as achegas dos cidadáns na rede son benvidas.

Máis información: http://blogs.xunta.es/xentedixital/
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia