As redes sociais de Emigración superan os sete mil seguidores no mundo
O número de usuarios agregados á páxina da Secretaría Xeral da Emigración na rede creada por Mark Zuckerberg ten subido ata os 5.098, e os que seguen as publicacións da malla dos 140 caracteres chegou ata os 2.042, segundo os datos obtidos hoxe mesmo.
Cabe salientar que, desde o momento da súa creación xa no ano 2010, o perfil do portal GaliciaAberta en Facebook e Twitter medraron de maneira ininterrompida; así, a finais do ano pasado superaba os tres mil na primeira das redes, e case chegaba aos mil no caso da segunda, e desde entón aumenta día a día o número de usuarios.
A inmensa maioría dos que deciden seguir os perfís de Emigración son galegas e galegos residentes no Exterior que desexan estaren informados das novidades referidas á Galicia territorial, á actualidade e actividade dos centros galegos e casas de Galicia espallados por todo o planeta, e ás axudas e iniciativas postas en marcha desde a propia Secretaría, eixos fundamentais da información que ofrece GaliciaAberta nestas dúas redes.
A presenza nestas mallas mundiais serve de conexión (fundamentalmente a través dos teléfonos móbiles e outros dispositivos portátiles) cos galegos da diáspora para lles ofrecer, en tempo real e nas mellores condicións posibles, as novas de relevancia do portal web, sempre relacionadas coa actualidade da diáspora galega.
Con estes datos na man, o portal web GaliciaAberta (http://emigracion.xunta.es) está a demostrar a utilidade do seu funcionamento, e o cumprimento dos obxectivos para o que foi creado, pois amosa a importante necesidade de información on line que demanda a diáspora, e serve de canle inmediata de difusión das medidas do departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda.
Datos en Facebook
O crecemento do perfil da Secretaría de xullo de 2012 a xullo de 2013 foi do 41’63%, e o alcance medio das publicacións diarias chega ata os 1.514 usuarios, o que converte esta rede social nun altofalante de excepcional utilidade para achegar a Administración autonómica aos galegos da diáspora.
O número diario de likes (‘Gústames’) nos dous últimos meses acadou os 47 por día, e o de comentarios foi de 5, unha media moi alta tendo en conta os datos habituais da rede no que atinxe a páxinas institucionais.
A relación de xénero revela que hai 6 mulleres por cada 4 homes conectados; asemade, as mulleres amósanse máis activas, con case dúas de cada tres interactuacións. E, como dato curioso, a hora de maior actividade é ás 23.00 horas (+1 GMT), once da noite na Galicia territorial pero media tarde na América Latina, o que fala ás claras da importancia desta rede para os galegos residentes no Novo Continente.
Hai outro dato tamén ben interesante e a destacar, a relación por tramos de idade. Contra o que se puidera supoñer a priori, cómpre salientar a equidade entre as franxas medianas e os máis novos; así, hai un 20’9 % de usuarios maiores de 55 anos; un 21’4% de 45 a 54; outro 21’1% de 35 a 44; un 20’9 de 25 a 34; e finalmente, só un 15’6 son menores de 24 anos. Sen dúbida, unha referencia inequívoca da actividade e modernidade dos nosos maiores no Exterior, e das súas inquedanzas por se manteren informados sobre o que acontece en toda a diáspora, e na Galicia territorial.
Case medio centenar de países
Respecto dos países desde os que se conectan os usuarios de GaliciaAberta.com no Facebook, o 31’9 son residentes na República Arxentina, o 31 en España, o 9’9 no Uruguai, o 6 en Brasil, e o 4’3 en Venezuela. Seguen despois Suíza, Estados Unidos, México, Alemaña, Chile, e Portugal, e xa por baixo do 1 por cento hai 34 países máis, con casos tan exóticos como Taiwán, Serbia, Paquistán, Montenegro ou Exipto.
Canto ás cidades, o 18’7% conéctase desde o Distrito Federal de Bos Aires, o 8’7 desde Montevideo, o 4’1 desde A Coruña, o 3’2 desde Vigo, o 3 desde Santiago de Compostela, o 2’3 desde Caracas, e o 2 desde Madrid. Con máis dun 1 por cento atópanse tamén Barcelona, México D.F., Río de Xaneiro, Pontevedra, Mar del Plata, Ourense e Sâo Paulo, pero rexistráronse o ano pasado máis de 10 conectados en lugares como Curitiba (Brasil), e case 30 desde Maracaibo (Venezuela) ou Quilmes (Arxentina).
En Twitter
Se ben o número de followers nestoutra rede é menor ca en Facebook, o seu crecemento foi case exponencial nos últimos meses, preto dun 86 por cento entre xullo de 2012 e o mesmo mes de 2013. Cabe salientar o elevado número de seguidores de Venezuela (onde esta rede é moi popular) e Brasil, a diferenza de Arxentina e Uruguai onde aínda non está tan estendida entre a poboación xeral.
O perfil dos usuarios é de xente máis ben nova –a media de idade é bastante máis reducida ca no caso do Facebook-, o que permite que a Secretaría Xeral da Emigración entre en contacto, a través dun medio especialmente empregado pola mocidade, cos galegos de segunda e terceira xeración.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia