O ciberbulling, o grooming ou o sexting, a debate nunha xornada sobre os menores e o uso das redes sociais
O xoves, 26 de setembro, o Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela acolle o seminario gratuíto “Os menores e o uso seguro das redes sociais”. Está organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
O seminario están dirixido especialmente a pais, titores e formadores, así como a profesionais do sector da educación, e o seu obxectivo é sensibilizar acerca dos principais riscos que existen na rede para os menores e ao mesmo tempo proporcionar os recursos necesarios para axudarlles na prevención dos mesmos e a minimizar as súas consecuencias. A inscrición é de balde e pode realizarse a través do enlace á web do CDTIC (http://cdtic.xunta.es/menores-tic-2).
Relatores de primeiro nivel
Nas xornadas intervirán expertos na materia, como a Fiscal Delegada de Criminalidade Informática na provincia de Pontevedra, Marta García de la Concha; o responsable do equipo de Delincuencia Tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Gonzalo Sotelo; a Pedagoga do Soporte de Usuarios en Tuenti, Blanca Díaz-Pabón Bascuñán e os Enxeñeiros Técnicos en Informática– Colexiados do CPETIG, Jonathan Gándara Alonso e Enrique González Sanmartín.
Conceptos como ciberbulling (acoso entre menores), grooming (acoso entre un adulto e un menor), ou sexting (envío de fotografías sexuais), serán obxecto principal destas charlas, nas que tamén se tratarán a fondo temas como “o menor como vítima ou responsable de delitos cometidos a través de internet”, “a privacidade e seguridade en Tuenti”, “verdades e mentiras das redes sociais” ou “consellos para o uso seguro destas ferramentas”.
Aqueles que o desexen poderán asistir ás xornadas de xeito presencial ou a través de videoconferencia dende diversos puntos de Galicia, a través das aulas da Rede CeMIT situadas en Fisterra, Boiro, Betanzos, Burela, Lugo, A Guarda, Leiro, Pontedeume, Celanova, Ortigueira, Barreiros, Xunqueira de Ambía, Vilanova de Arousa, Verín, Valga, O Porriño, Ponteareas, Lalín, A Coruña e Sarria.
Internet e as redes sociais, riscos e oportunidades
As redes sociais, e Internet en xeral, hoxe en día teñen un enorme potencial, pero tamén implican novos riscos e novas oportunidades que precisan ser identificadas e estudadas. Conceptos como ciberbulling (acoso entre menores), grooming (acoso entre un adulto e un menor), sexting (envío de fotografías sexuais), empezan a ser de uso corrente, facéndose necesario establecer mecanismos e canles de control e denuncia, na que a colaboración entre pais, educadores e a sociedade en xeral é absolutamente necesaria.
Neste contexto, desde o CPTIG en colaboración coa Amtega, búscase ofrecer, a través deste tipo de actividades, ferramentas para que pais, nais e profesores teñan recursos cos que axudar aos menores a afrontar a cara menos amable da Rede e dese modo dar forma ao seu futuro dixital; primeiro coñecendo os perigos e segundo, ofrecéndolles respostas ante eles nas que os valores, a comunicación e o fomento do sentido crítico xogan un papel fundamental.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia