Skip to main content

Unha mostra fotográfica presenta a mulleres da sociedade dos anos 30 e 80

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en valor o papel da muller a través da exposición ‘Mulleres século XX. Luces e sombras’, que foi inaugurada no Arquivo Histórico Provincial de Lugo polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

A exposición amosa un total de 65 fotografías de mulleres que viviron, traballaron e participaron na sociedade lucense, entre os anos 30 e os anos 80 do século XX e acompáñase de textos de autoras como Concepción Arenal, Ofelia Rey Castelao e Serrana Rial García. A través da voz da arquiveira xa desaparecida Olga Gallego Domínguez, a exposición refire as fontes que, para o estudo das mulleres, se custodian nos arquivos.

As fotografías apóianse tamén dunha pequena escolma de documentos custodiados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo, que fan referencia a mulleres, tales como expedientes xudiciais, protocolos notariais, libros do rexistro civil, expedientes de asociacións ou libros do servizo social.

A exposición permanece aberta na sala de exposicións do arquivo, de luns a venres, de 8:30 a 20:30 horas, ata o día 8 de marzo de 2014, Día Internacional da Muller Traballadora.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia