Skip to main content

Galicia e o galego con Mar adentro nos Oscar e nos Goya

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
Responsables da TVG e Filmanova Invest expresaron a súa satisfacción ante o éxito da película Mar adentro, que foi nominada nesta Edición dos Oscar nas categorías de Mellor película de fala non inglesa e Mellor maquillaxe.

MAR ADENTRO foi a primeira inversión acometida por FILMANOVA INVEST.

TVG, a través dun acordo con FILMANOVA INVEST e os productores do filme, adquiriu os dereitos de emisión televisiva en lingua galega. Este acordo e o desexo do propio ALEJANDRO AMENÁBAR propiciaron a decisión de que a próxima edición en DVD da película inclúa a versión galega.

Ademáis, de tódolos premios internacionais colleitados ata a data, a película ten 15 nominaciones aos PREMIOS GOYA.

A identificación de Galicia con MAR ADENTRO acada especial notoriedade co equipo artístico galego que obtivo varias nominacións aos Goya: Mabel Rivera (MELLOR ACTRIZ DE REPARTO), Celso Bugallo (MELLOR ACTOR DE REPARTO), Tamar Novas (MELLOR ACTOR REVELACIÓN) ao que hai que sumarlle a colaboración do gaiteiro CARLOS NÚÑEZ na banda sonora. O feito de que parte dos diálogos da versión orixinal foran rodados en lingua galega e de que a meirande parte dos exteriores se filmaran en Galicia con equipo técnico galego xustifican sobradamente a satisfacción da TVG e de FILMANOVA pola súa colaboración na película.
Prensa - Filmanova