Skip to main content

A campaña Vivamos como galegos, de Gadis, premiada dobremente como acción de comunicación publicitaria

A campaña "Vivamos como galegos" de Supermercados Gadis recibiu dous novos galardóns de prestixio concedidos pola Asociación de Medios Publicitarios de España, dos máis importantes da comunicación publicitaria a nivel nacional.

" Se chove, que chova" optou ao Grande AMPE de Ouro na categoría multimedia, que valora o desenrrolo da campaña en tv, radio, internet, exterior e prensa. Ao resultar finalista, recibiu un Grande AMPE de Prata, sumando un AMPE de Prata pola gráfica na modalidade prensa. A campaña tivo unha grande acollida sendo a única premiada en lingua non castelá.

Nesta 45ª edición dos Premios AMPE, participaron máis de 700 pezas publicitarias correspondentes os principais anunciantes, e Gadis foi premiada xunto a destacadas marcas. A entrega de premios tivo lugar a pasada noite no Hotel Palace de Madrid.

Dende o seu lanzamento hai sete anos, “Vivamos como galegos", tivo una gran repercusión e, ata o momento, é a campaña máis descargada de Internet na historia da publicidade española, respecto ao target de planificación.

A Asociación de Medios Publicitarios de España está integrada por máis de trinta empresas dedicadas profesionalmente ao desenvolvemento dos medios publicitarios de España e anualmente convoca os Premios Ampe, nos que se valora, entre outros aspectos, a creatividade, os resultados obtidos pola campaña en canto a notoriedade e recordo e o grao de vinculación coa marca.

A campaña "Vivamos como galegos", desenvolvida pola axencia BAP&Conde, recibiu numerosos premios nacionais nos últimos anos. En 2012, foi distinguida cun Premio Ampe de Prata na categoría de prensa. En 2010, o anuncio Maloserá!!! logrou un Premio de Prata á Eficacia en Comunicación Comercial, concedido pola Asociación Española de Anunciantes.

"Vivamos como galegos" obtivera, ademais, no 2009 un Premio EFI e un AMPE de Plata, así como o Mestre Mateo de Producción Audiovisual dos anos 2007 e 2009, da Academia Galega doAudiovisual, e o da Asociación Galega de Editores.

Gabinete de Comunicación de Gadisa