A Seguridade Social aposta pola relación instantánea coa cidadanía

Desde a Delegación do Goberno valórase este novo paso a prol dunha Administración “moito máis próxima ao cidadán, máis eficiente e eficaz”, e lembra que a Seguridade Social é “pioneira” na aplicación das novas tecnoloxías, situándose “na vangarda do desenvolvemento da administración electrónica”.
Espazo Privado e Intuitivo
O novo portal da Seguridad Social é unha web totalmente intuitiva que, xa na páxina de inicio, ofrece ao usuario un resumo da súa situación actual e permite o acceso directo ás xestións máis habituais.
A principal característica do portal é a máxima seguridade no acceso ás informacións. Para poder acceder ao mesmo, o primeiro paso é rexistrarse nun Centro de Atención e Información do Instituto Nacional da Seguridade Social (CAISS) ou en calquera oficina da Seguridade Social. Deste xeito, obteráse un código de activación para que cada usuario cree o seu propio contrasinal. Unha vez que o obteña poderá acceder xa, cos máximos niveis de seguridade, aos seus datos e realizar xestións.
Implantación por Fases
Dada a complexidade tecnolóxica de Tu Seguridad Social, a súa posta en marcha farase en sucesivas etapas. A primeira delas está en funcionamento dende o pasado mes de xullo. En fases posteriores, porase en marcha un simulador da idade de xubilación, darase ao cidadán a posibilidade de tramitar as prestacións por maternidade ou paternidade, xubilación, viuvez e orfandade, así como de modificar a conta na que cobra a pensión, entre outras xestións.
Gobierno de España