Agadic lanza a convocatoria de subvencións para festivais de cine galegos en 2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abriu as subvencións que concederá a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) en 2015 coa convocatoria da liña de axudas dirixida a apoiar os festivais de cine que se celebren en Galicia o próximo ano e que sexan considerados de interese estratéxico para o sector audiovisual.
O departamento que dirixe Jesús Vázquez Abad revalida así esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 29 de decembro de 2014, co mantemento da súa dotación total de 90.000 euros. O obxectivo principal é continuar co avance canto a optimizar, sistematizar e garantir a transparencia na adxudicación dos recursos públicos a este tipo de eventos, de xeito que o orzamento dispoñible para este fin sexa distribuído de acordo cunha serie de criterios obxectivos, así como da valoración da traxectoria, programación, viabilidade e interese dos proxectos presentados.
Deste xeito, percibiron financiamento a través destas axudas as edicións 2014 do Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui (24.373,57 euros), o Festival de Cans (20.660,81 euros), a (S8) Mostra de Cinema Periférico que se celebra na Coruña (17.360,58 euros), o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal (13.845,09 euros) e o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto (13.750,95 euros), estes dous últimos eventos desenvolvidos en Santiago de Compostela.
Requisitos
Poderán optar a estas axudas os festivais de iniciativa tanto privada como municipal destinados á promoción e difusión da produción cinematográfica e audiovisual e que se desenvolvan en Galicia entre o 1 de novembro de 2014 e o 31 de outubro de 2015. Ademais, os eventos deberán ter unha duración mínima de catro xornadas con, polo menos, vinte sesións de proxección, ademais de contar con tres edicións consecutivas anteriores á publicación da convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe e manterase aberto ata o próximo 29 de xaneiro.
A comisión de valoración analizará, entre outros aspectos, a traxectoria dos festivais tomando en consideración datos relativos á súa programación, antigüidade, asistencia de público, repercusión mediática, interese estratéxico para o sector ou impacto económico e cultural no territorio onde se celebra.
Na avaliación dos proxectos tamén se terá en conta a programación e duración da edición para a que se solicita a axuda, a súa promoción do traballo dos realizadores galegos e o impulso á nova creación, as accións dirixidas ao fortalecemento do sector en Galicia, o seu carácter competitivo, os programas de cooperación, a contribución á formación de públicos, a presenza de autores, o plan de comunicación ou a edición do catálogo do evento.
Viabilidade das propostas
En canto ao estudo da viabilidade das propostas, estudarase o seu plan estratéxico a medio prazo e contabilizaranse a porcentaxe da subvención solicitada con respecto ao orzamento subvencionable e as achegas de fondos propios da entidade organizadora e de patrocinios privados.
Nas bases establécense como gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto, como son os dirixidos á súa difusión e publicidade, a alugar espazos e equipamentos, á contratación de servizos técnicos e profesionais, á xestión das películas, ao subtitulado, a premios oficiais e a viaxes e aloxamento dos participantes nas actividades propostas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia