Skip to main content

4 empresas galegas desenvolverán, co respaldo do Ministerio de Economía y Competitividad, unha plataforma de análise para operadores de telecomunicacións

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
As empresas galegas Optare Solutions, R, Coremain e Quobis van desenvolver unha plataforma de análise avanzada de datos para mellorar os serivizos de telecomunicacións adaptándose cada vez mellor ás preferenzas dos usuarios.

O proxecto, denominado Big Data Analytics for Telecom (BDA4T), conta coa aprobación do CDTI, conta coa aprobación do CDTI, dependente do Ministerio de Economía y Competitividad, que vai subvencionar parte do desenvolvemento desta plataforma ata marzo de 2015.

A BDA4T será unha plataforma de gran capacidade para procesar e estudar a información que se transmite no uso dos servizos de telecomunicacións. Desta maneira, os operadores poderán responder máis axustadamente aos requirimentos e necesidades de uso que latexan no mercado.

O obxectivo final é lles dar un mellor servizo aos usuarios e que os proveedores se adapten aos perfís de uso real e á súa evolución no tempo dados os rápidos cambios que se producen en breve espazo de tempo. Cambios que lles marcan o camiño para extractar cales son as súas preferenzas. Parellamente, a gran vantaxe destas innovacións e da aprendizaxe continua é lograr unha relación óptima entre provedores de servizos e usuarios. Deste xeito, por exemplo, só se emitirán determinadas informacións aos usuarios que encaixen polo seu interese común, adaptándose cada vez máis ao que se quere comunicar cara a quen de verdade está interesado en escoitalo. E non só na liña de comunicación proveedor-usuario senón tamén entre os usuarios mesmos.

Por outra banda, a plataforma BDA4T permitirá definir modelos de análise e procedementos concretos para aproveitar a información que os clientes lles queiran facer chegar aos proveedores de telecomunicacións.

De novo, as empresas galegas despuntan no eido das telecomunicacións e das novas tecnoloxías coma un sector en alza, á vangarda, competindo coma mínimo ao mesmo nivel que as grandes multinacionais. E o apartado da innovación é, sen dúbida, lugar de presente e de futuro que xera e xerará valor e emprego en Galicia e polo que cómpre que tanto o sector público coma o privado sigan apostando na nosa comunidade.


Gabinete de Prensa Mundo-r