O CPXG solidarízase cos sete despedidos da SER e ve manobras de control da información
O CPXG considera que baixo a escusa entre difusa e infamante de "motivos disciplinarios" o que se agacha é un intento de uniformar o pensamento dunha redacción, cando precisamente é o debate e o contraste de visións e enfoques o que enriquece a información e permite a pluralidade que debe ser consubstancial e ela.
O CPXG non ve casual que este feito se produza ao tempo que a inadmisible contratación de informadores en TVE sen o requisito esencial de oposicións libres, e provenientes na súa maioría dun medio de moi marcada tendencia política. Movementos de este tipo nas proximidades dunha contenda electoral fan temer unha manobra de reforzamento do control dos medios, privados e públicos, xa de por si maniatados por unha Lei Electoral que os obriga a ser altofalantes das formacións maioritarias. Algo que non soamente redundará no deterioro da liberdade de expresión e información á que ten dereito á cidadanía, senón tamén do descrédito dos medios, e sobre todo, da propia profesión do xornalismo.

Xunta de Goberno - Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia