Skip to main content

AGE di que a CRTVG xustifica a liquidación de Planeta Furancho

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
O director xeral da Compañía da Radio Televisión de Galicia (CRTVG) Alfonso Sánchez Izquierdo xustificou en comisión parlamentaria a liquidación do programa da Radio Galega Dúas Planeta Furancho da grella. E fíxoo, amais, cunhas estrañas insinuacións sobre un posíbel conflito laboral co condutor do espazo radiofónico dedicado exclusivamente á música galega. “Vostede formula nesta comisión un problema laboral e non o explica. Queremos saber qué ocorre”, retrucou o deputado Juan Fajardo na defensa da pregunta de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ao respecto.

“Planeta Furancho era un programa fundamental para a cultura galega, que contribuía a sortear a ocultación das músicas galegas en galego e de estilos como o jazz, o hip hop ou o rock”, expuxo Fajardo, “e servían para que foran escoitadas e descubertas, sen discriminación por xéneros”. Para o parlamentario de AGE, entre os papeis da radio pública tamén se atopa potenciar músicas non maioritarias e facelo sen ter en conta “o falaz argumento de audiencia” que esgrimiu, de esguello, Sánchez Izquierdo. “A radio pública non pode basearse na audiencia, ten que atender á cultura propia do país, á lingua e a ese tipo de cuestións”, engadiu Fajardo.
Porén, o máximo responsábel da compañía pública de radiotelevisión non aclarou ningunha das razóns polas que decidiu rematar coas emisións de Planeta Furancho e faltou, unha vez máis, ao seu deber co Parlamento de Galicia.
Gabinete de Comunicación de AGE